25 de xullo: Día da Galicia Atlántica - Kiwi Atlántico

Blog

25 de xullo: Día da Galicia Atlántica

25 Jul 19 | Kiwi Atlántico

Os antigos gregos tiñan a crenza de que o Océano Atlántico era un enorme río que rodeaba o mundo. Eles foron os que o chamaron así, “Atlántico”, en homenaxe ao titán Atlas ao que Zeus condenara a suxeitar a bóveda celeste, o ceo. 

É certo que Galicia, terra á que nunca deixaremos de chamar paraíso, ten  zonas fermosas bañadas por outro mar pero nós quixemos vincular a nosa marca ao Atlántico, a ese azul tan noso, ao aire que trae o segundo maior océano do mundo

Galicia é o lugar que nos viu nacer. Aquí forxamos o noso futuro e traballamos, día a día, para que a nosa froita chegue a vós nas mellores condicións; para que o noso produto leve ás vosas casas o que a nosa terra nos agasalla: o seu clima, a súa luz, o amor polo trato artesanal, a tradición e a modernidade

Kiwi Atlántico sente un profundo orgullo pola terra que a veu nacer. A terra. Esa terra nobre na que nace a froita e á que tanto respecto lle temos. Porque para nós, a terra é a orixe de todo. Pero, dalgún xeito, levamos no que facemos o frescor do mar e todo o que evoca. 

Din que Galicia é o lugar onde o mar comeza. Kiwi Atlántico é terra -o noso amor pola agricultura é o motor que nos fai progresar- pero a súa froita leva impregnada tamén a vertixe dos acantilados galegos, o segredismo das súas calas e a natureza das súas praias. Toda a calma do Atlántico entrando nas rías.  

Kiwi Atlántico celebra hoxe e sempre o día da Galicia Atlántica, o noso xeito particular de entender a esta terra que tanto nos ofrece. ¡Feliz 25 de xullo!

Quizás también te interese …