Día de Galicia. O kiwi e o sabor da terra

Este domingo 25 de xullo celebramos o Día de Galicia. Un dos alicerces da esencia de Kiwi Atlántico como empresa é o orgullo que sentimos por ser de aquí. Porque Galicia sempre nos tratou con cariño, deunos o pulo necesario para chegar a onde estamos e mima o produto sen o que non seríamos nada. 

O sabor da terra convértese en Kiwi Atlántico nun sentimento. Temos olfato para ulir o arrecendo da terra mollada, ollos para desfrutar do verde da paisaxe, oído para escoitar os ríos, tacto para apalpar os froitos e gusto para saborear a terra. Porque o kiwi verde sabe a terra labrada, a herba húmida e a mans coidadosas de artesán. 

Cando recollemos un kiwi da plantación, só un, todo o arrecendo de Galicia está dentro. Cando Kiwi Atlántico era tan só un experimento, un proxecto aloucado pero ilusionante, o clima galego deunos a sorpresa. Unha vez máis, Galicia respondía. E grazas a ela, hoxe somos a meirande comercializadora de kiwi de España. Todo comeza aquí. 

Celebremos o Día de Galicia como quen desfruta da froita recén colleitada. Deixade quede pegado o sabor da terra verde no padal para non esquecer de onde somos. Con orgullo. 

Feliz Día de Galicia. ????