A conselleira de Medio Rural visita as instalacións de Kiwi Atlántico

Blog

Medio Rural achegou nos últimos anos unha axuda de 1,4 millóns de euros a Kiwi Atlántico para mellorar a súa produción

20 Jul 17 | Kiwi Atlántico

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou a explotación Kiwi Atlántico, á que se lle concederon nos últimos anos axudas por valor 1,4 millóns de euros correspondentes coa orde de transformación e comercialización de produtos agrarios. Desta achega, 875.902 euros atinxen á convocatoria deste ano.
A través desta subvención, a empresa busca ampliar as súas instalacións coa construción dunha nova superficie cuberta que constaría dunha nave de 985 metros cadrados para novas cámaras frigoríficas, a ampliación da zona de procesado en 734 metros cadrados e a execución dunha nova cámara de maduración de 53 metros cadrados. Ademais, mellorará a climatización de recintos frigoríficos para outras dúas novas cámaras de conservación e para el área de traballo.

Kiwi Atlántico. Medio Rural.

Ángeles Vázquez saúda ao Presidente de Kiwi Atlántico, José Pérez Expósito.

O carácter emprendedor de Kiwi Atlántico

Neste sentido, Ángeles Vázquez destacou o carácter emprendedor desta compañía ao ocuparse da produción, industria e comercialización deste froito no que Galicia é punteira. “Traballa en todos os eidos da cadea”, resaltou a conselleira, que lembrou que a nosa comunidade é a principal produtora de kiwi de España, con 12.099 toneladas, un 61% da produción estatal. En concreto, hai 851 hectáreas cultivadas de kiwi e 190 produtores, dos que un 30% son profesionais e o resto teñen esta produción como actividade complementaria.
Respecto á orde de axudas de transformación e comercialización, 144 empresas beneficiaranse este ano destas subvencións que ascenden a 24 millóns de euros e xerarán un investimento en Galicia de 74,7 millóns de euros. No caso concreto do sector hortofrutícola, serán 10 as explotacións que recibirán achegas por un montante de 1,3 millóns de euros para desenvolver proxectos por valor de 4 millóns.
Kiwi Atlántico. Medio Rural.

Quizás también te interese …